Programa “Verán Xove 2018 –Disfruta con nós”

Inscrición para actividades lúdicas, culturais e deportivas para este verán en Xove.-

   Inda non rematou o curso escolar, pero xa o Concello de Xove, a través das Concellerías de Servicios Sociais, Xuventude e Deporte, está a traballar no Programa “Verán Xove 2018”, cun “mar  de actividades” dirixidas a persoas de tódalas idaddes do Concello:  nenos/as,  mozos/as, maiores,…

   Nestes intres xa están abertos os prazos de inscrición da maioría das actividades:

   -Programa: Móvete no Verán, subdividido en varios apartados:

       -Xogos Pre-Deportivos: dirixido a nenas e nenos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a 4º de primaria, vaise desenvolver do 3 de xullo ao 16 de agosto, segundo os seguintes horarios:

MARTES E XOVES de 10:30 a 11:30 H. (De 3 a 5 anos)

MARTES E XOVES de 11:30 a 12:30 H. (De 1º a 4º primaria)

- Aeróbic – Latino:  actividade para mayores de 12 anos, vaise celebrar do 4 de xullo ao 8 de agosto, segundo os horarios:

Horario: LUNS de 10:30 a 11:30 H.

-Fitnes: tamén para maiores de 12 anos, realizarase do 4 de xullo ao 13 de agosto, segundo os horarios:

Horario: MÉRCORES de 10:30 a 11:30 H.

 -Actividades Físicas para Maiores:  celebraranse do 2 de xullo ao 13 de agosto, segundo os horarios:

Horario: LUNS e MÉRCORES de 11:30 a 12:30 H.

As inscricións para todas estas actividades de Móvete no Verán hai que realizalas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (en adiante OMIX)  ata o 28 de xuño.

   -Programa: Xuventude, subdividido en varios apartados:

      -Informática:  dirixido a nenos/as que cursaron 1º de primaria a 4º da ESO no curso 2017-2018, vaise desenvolver  do 2 de xullo ao 17 de agosto.

      -Paintball:

       Dirixido xoves entre 14 de 30 anos, vaise celebrar o 7 de xullo.

       Dirixido a nenos  entre 10 de 13 anos, vaise celebrar o 8 de agosto.

      -Campamento: celebrarase os días 18, 19 de xullo, para nenos e xoves entre 10 e 16 anos.

      -Viaxe ao Aquapark de Cerceda: para nenos e xoves entre 13 e 35 anos. En principio previsto para o 28 de xullo, data que podería se cambiada en función do tempo.

      -Viaxe ao Kartódromo de Tapia: Desenvolveríase o 1 de setembro para xoves entre 16 e 35 anos. Esta actividade realizaríase se hai un mínimo de 20 persoas.

As inscricións para todas estas actividades do Programa Xuventude hai que realizalas na Omix ata unha semana antes do comezo de cada actividade.

   -Programa: Deporte Xove, subdividido en varios apartados:

      -Ocio Alternativo: Vaise celebrar do 9 de xullo ao 10 de agosto, para idades a partires de 8 anos; dentro desta actividade, temos fútbol sala e baloncesto  (no Pavillón Municipal de Xove), volei praia e fútbol prais (na Praia de Lago), e outras actividades como orientación, kayak, …  A inscrición hai que realizala  o 1º día de cada actividade.

      -Padel no Verán: para persoas con idades a partires dos 6 anos. Vaise desenvolver do 2 de xullo ao 10 de agosto. O horario vai estar en función dos grupos de idades que se fagan. O prezo deste curso é de 20 €. A inscrición hai que realizala na OMIX ata o 29 de xuño.

     -Torneos para rapaces de 10 a 18 anos:

        -Fútbolín, do 3 ao 6 de xullo no Centro Xuvenil.

        -Play, o 24 de xullo de 16:30 a 19:30 h.

        -Tenis de mesa, do 3 ao 7 de setembro.

      A inscrición para estes torneos hai que realizala na OMIX ou no tfno: 982571816.

   -Programa: Móvete no Verán, subdividido en varios apartados:

      -Zumba: vaise celebrar do 3 de xullo ao 16 de agosto, para tódalas idades, segundo o horario: MARTES e XOVES de 10:30 a 11:30 H.

      -Pilates: do 6 de xullo ao 17 de agosto, para maiores de 18 anos, segundo o horario: VENRES de 10:30 a 11:30 H.

      -Ximnasia na Auga para Maiores: do 6 de xullo ao 10 de agosto na Piscina Municipal, no horario: VENRES de 11:30 a 12:30 H.

   A inscrición par Zumba,  Pilates e Ximnasia na Auga para Maiores hai que realizala na OMIX ata o 28 de xuño

   -Programa: Educación Familiar. “Encontros para a Saúde: Taller de Memoria”.

   Vaise desenvolver dende o 2 ata o 31 de xullo, podendo participar no mesmo persoas maiores de 60 anos.

   A inscrición vaise realziar do 15 ao 29 de xuño, tendo que facerse a través do tfno do Concello 982592001, ou ben no propio Departamento de Educación Familiar xunto de Angélica.

   -Programa: Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.

   Dirixido a xoves de  entre 10 e 16 anos, coa colaboración de cinco voluntarios/as subvenís, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.  As actividades que se van a realizar dentro deste programa, son:

   -Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.

   -Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.

   -Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.

   -Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.

   -Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.

   -Tics, actividades dentro do mundo da informática.

As inscricións para todas estas actividades hai que realizalas na Omix ata o 30 de xuño.

   -Programa: Voluntariado

   Dirixido a xoves. Como requisitos para participar, hai que ter máis de 16 anos e gañas de traballar. Esta actividade está englobada dentro do Voluntariado Galego, sendo regulado pola Orde do 16 de abril de 2018 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede a súa convocatoria para o ano 2018.

   Para unha mior información sobre este programa, hai que dirixirse a OMIX.

   -Programa: Igualdade - Xove Concilia Verán.

   Trátase dun programa subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014/2020. O programa desenvolver dende o 25 de xuño ata o 7 de setembro; trátase de actividades de entretemento e diversión para nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria.

   A inscrición pódese realizar ata o 22 de xuño na OMIX, e para realizala mesma hai que presentar a última declaración da renda. As prazas para este programa son limitadas.

   -Programa: Proxecto Vexo-Xove.

   Trátase dun proxecto de investigación e para levalo a cabo precísase a colaboración da xente nova, rapaces/as de entre 14 e 30 anos.

   Vexo-Xove. A nosa costa  vai ser o primeiro dunha serie de dípticos que amosarán o noso patrimonio. Pola amplitude da actividade decideuse dividir esta actividade en varias partes para, deste xeito, poder darlle continuidade ao proxecto con outros estudios: o noso patrimonio histórico, a montaña, o centro urbano, a industria, a gandeiría,…

   Neste proxecto vanse realizar as seguintes actividades:

     - Obradoiros de orientación para a investigación na formación e conservación do medio natural.

   - Xornadas “A historia da nosa costa”.

   - Obradoiro de fotografía.

   - Obradoiros “A sensibilidade cara ao medio ambiente”.

   - Montaxe de formato divulgativo.

   A inscrición hai que realizala na OMIX ou a través do tfno 982 571 816.