Colaboradoras no Diververán 2017

   Hoxe, na OMIX,  tivo lugar ás 12:30 un acto de recoñecemento ao labor realizado polas voluntarias que participaron no proxecto de voluntariado "Diververán Xove". No pasado 2017 colaboraron 5 mozas do municipio, que recibiron do alcalde e das concelleiras de Xuventude e Servizos Sociais un detalle de agradecemento. Desta forma, desde o Concello de Xove preténdese  fomentar o voluntariado xuvenil.