Viaxe ó Kartódromo de Tapia ' 2017

Hoxe, día 2 de setembro, ás 14:30 horas, 20  rapaces de Xove de idades comprendidas entre 16 e 35 anos desprazáronse a Tapia para pasar unha tarde no Kartódromo. Con esta viaxe, organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, poñemos punto e final nas actividades programadas  para o verán.Por outra banda, recordar que o día 5 de setembro abre o prazo para apuntarse nos obradoiros de longa duración e actividades de outono inverno. Todas as persoas que precisen información sobre este e outros temas de interese poden achegarse a nosa oficina ou chamar ao teléfono da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Xove): 982571816.