Viaxe ó Kartodromo de Tapia 2016

Onte,  Sábado  10 de setembro, ás 14:30 horas, os rapaces e rapazas de Xove, desprazáronse a Tapia, para pasar unha tarde no Kartódromo. Este ano, participaron un total de 15 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 16 e 35 anos.Con esta viaxe, organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, poñemos punto e final as actividades programadas para o verán.

Por outra banda, recordar que xa está aberto o prazo para apuntarse nos obradoiros de longa duración  asi como ás actividades de outono-inverno.

IMG 20160910 WA0010

 Todas as persoas que precisen información sobre este e outros temas de interese poden achegarse a nosa oficina ou chamar ao teléfono da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Xove): 982571816.