Proxecto de Voluntariado “Xove Activo”

Hoxe, día 27, 25 nenos e nenas de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, que participan no proxecto de voluntariado “Xove Activo- Cociñarte”, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Concellería de Xuventude, desprazáronse ao Centro Social de Morás, para elaborar un xantar saudable, composto de primeiro, segundo prato e postre. Unha vez alí, aproveitan a tarde para facer distintas actividades ao aire libre.