Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015.


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015. A participación na oferta da Campaña de verán 2015 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • O material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

Participantes: Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2015, cómpre destacar o seguinte: Os/as nacidos/as no ano 1997 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento. Os/as nacidos/as no ano 2006 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

Persoas con discapacidade: As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % poderán participar nesta convocatoria sempre que:
– Teñan capacidade de integración nun grupo.
– As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver.
As persoas con discapacidade poderán presentar a súa solicitude optando por unha destas dúas vías:
a) Polo procedemento xeral (BS303A, no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple) exclusivamente para as actividades detalladas no anexo I A (campamentos que se desenvolven en Galicia, excluíndose, polo tanto, os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas).
Esta solicitude incluirase no sorteo xeral da campaña de verán. No caso de que opten por esta vía, no formulario de solicitude deberán formalizar obrigatoriamente os datos relativos á discapacidade que presenta o/a solicitante con necesidades especiais.
b) Polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, (procedemento BS303G no caso de solicitude individual, ou BS303H no caso de solicitude múltiple, para o suposto de irmáns/ás) exclusivamente para os campamentos e quendas específicas (anexo I B). Estas solicitudes incluiranse nun sorteo específico.

Quendas IMPLÍCA-T: Novidade nesta Campaña de verán, as quendas IMPLÍCA-T, para mozos e mozas de 14 a 17 anos, engaden un compoñente máis activo e participativo, cunha programación que, ademais das actividades de ocio, incluirá outras que supoñen unha implicación real a través de accións que evidencien o seu compromiso e achega á sociedade, incorporando actuacións de voluntariado e participación como poden ser a limpeza de praias e outros espazos naturais, a colaboración activa na defensa contra incendios, a dinamización do Camiño de Santiago, a implicación cos colectivos máis desfavorecidos etc. A finalidade é facilitar que os mozos e mozas adquiran e desenvolvan valores, actitudes e aptitudes como o compromiso, a responsabilidade, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo, a iniciativa, a comunicación... que, ademais, son altamente recoñecidos polos empregadores actuais.

Solicitudes: As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple. Para discapacidades procedemento BS303G no caso de solicitude individual, ou BS303H no caso de solicitude múltiple. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 8 de abril de 2015. Máis información no DOG do 24 de marzo de 2015 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
OJO:No funciona en Firefox
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo