Entrega de Diplomas (Curso Informatica na OMIX)

O Curso, que tivo unha duración de 20 horas, rematou hoxe, 4 de decembro, coa entrega de Diplomas a cargo do alcalde José Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. O mesmo foi desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove. Dirixido a adultos, participaron un total de 13 persoas de idades entre 40 e 70 anos.  No mesmo as persoas participantes coñeceron o manexo de Windows, traballaron cos programas Word e Excel e iniciáronse na Internete, aprendendo a navegar e descargar aquivos. Esta actividade foi moi ben acollida polos asistentes xa que  os coñecementos adquiridos no Curso sonlles moi útiles para a súa vida diaria: contacto con familiares, busca de información, correo,….