Ministerio de Educación: Convocatoria de Becas 2014-2015

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lanzou a campaña para o ano 2014-2015. As bolsas destínanse a todos os estudos posteriores ao ensino obrigatorio: Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Deportivas, Escuelas Oficiales de Idiomas e Mestrados, Grados, Licenciaturas e Diplomaturas universitarias, entre outros.  O prazo para as inscricións é ata o 30 de setembro para niveis non universitarios e  15 de outubro para os universitarios.

Todolos candidatos que cumpran os requisitos establecidos pola convocatoria teñen asegurada unha bolsa de estudos. Vai atopar toda a información de acordo cos estudos que vaian cursar:

Becas para estudos non universitarios
As becas xerais para estudos non universitarios diríxense a estudantes que no curso 2014-2015 estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
• Primeiro e segundo ano de bacharelato
• Formación Profesional de grado medio e grado superior
• Ensinanzas artísticas profesionais
• Ensinanzas deportivas
• Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia
• Ensinanzas artísticas superiores
• Estudos relixiosos superiores
• Estudos militares superiores
• Cursos de preparación para probas de acceso á formación profesional impartidos en centros públicos e privados concertados
• Programas cualificación profesional inicial
• Formación Profesional Básica
BOE: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-8548
SOLICITUD: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=574

Becas para estudos universitarios
As becas xerais para estudos universitarios diríxense a estudantes que no curso 2014- 2015 estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:
• Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grado e de Mestrado.
• Ensinanzas universitarias conducentes a os títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
• Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
• Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Mestrado e créditos complementarios para a obtención do título de Grado ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
BOE: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-8548
SOLICITUD: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=575

<---INFORMACION E TRAMITACIÓN  NA OMIX (OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL)  982-571816 ---->