Actividade COCIÑARTE do Proxecto de Voluntariado “Xuventude Activa” do Concello de Xove.

Hoxe, día 1, tivo lugar no Centro Xuvenil do Concello de Xove un almorzo, elaborado polos 25 rapaces e rapazas, que participan no proxecto de voluntariado “Xuventude Activa”, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Concellería de Xuventude.Este almorzo forma parte da  actividade   COCIÑARTE   , de cinco días de duración.Durante a cal, se  aprende a deseñar  menús saudables, a facer unha compra responsable e a elaborar comidas. O almorzo,  que degustaron hoxe, consistiu en leite,  tostadas, cereais e zume natural.O próximo día 31 de xullo, elaborarán un xantar composto de primeiro e segundo prato e postre.

Outras actividades, que forman parte de “Xuventude Activa” son:

O proxecto de voluntariado “Xuventude Activa” está composto por 5 voluntarias/o e a coordinadora municipal do proxecto. Nesta ocasión tamén estiveron acompañados pola Concelleira de Xuventude, Ana Abad.