CAMPAMENTO DE MORÁS NO CONCELLO DE XOVE

Onte, día 3 de xullo e hoxe día 4, os nenos de Xove estiveron de campamento en Morás, organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove.

Neste campamento, de dous días de duración,  participaron un total de 32 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos. As tendas de campaña este ano estiveron instaladas en Morás a carón do Centro social, pero os nenos e nenas tamén se desprazaron hate a praia de Lago para algunhas das actividades.

 <<<<desplazarse sobre a imaxe para ampliar>>>>>>>>>>