OMIX: Taller de ideas de cara o emprendemento dende a participación

 

Este taller vaise impartir o vindeiro venres 21 de marzo a partires das 20:00 h. na OMIX de Xove. A inscrición  vai estar aberta ata o 18 de marzo, tendo que realizarse na propia OMIX ou ben no teléfono 982571816. Trátase dun proxecto da  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pon en marcha o programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación.

Taller de Ideas pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.  O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.

O obradoiro está dirixido a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.