Mañas Activas de Verán ' 2013

Hoxe, ás 13:00 horas na Oficina de Información Xuvenil, tivo lugar a inauguración da exposición “MAÑÁS ACTIVAS DE VERÁN”. Na mesma están expostos os traballos de manualidades (fofuchas e scrapbooking), fotografía e reciclaxe levados a cabo nos obradoiros do programa “Mañás activas de verán” durante os meses de xullo e agosto.  A exposición vai estar aberta nunha sala da OMIX de Xove durante toda esta semana.

Na inauguración contouse coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira  de xuventude Ana Abad, acompañados polos rapaces/as participantes, así como os seus familiares, quens degustaron os pinchos elaborados por eles mesmos no taller de cociña sana.

O programa “Mañás activas de verán” contou coa participación de 32 rapaces/as de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, e de 5 voluntarias, subvencionadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que colaboraron na realización das diferentes actividades, prestando especial atención aos menores que o precisaron.