Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Vilamor

Dende o Concello de Xove enviamos información de unha película que se vai proxectar na praza do Centro Cívico de Xove este xoves, 26 de agosto a partir das 22:00 h da noite. Xove foi seleccionado dende a Rede de Dinamización Lingüística para acoller unha sesión de "Cine na rúa" de Via Láctea Films. A proxección do filme "Vilamor"será acompañada da presentación e posterior coloquio co director Ignacio Vilar. Esta proposta ao aire libre proxectarase en pantalla xigante e garantindo a maior calidade da mesma e sobre todo as normas de seguridade e prevención covid 19.

Xove Dinamizacion Vilamor

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

As Letras Galegas deste ano están adicadas á poetisa Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar o Día das nosas letras un Concurso destinado a nenos e xoves.

Dentro da Convocatoria temos dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos e rapaces do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:XELA

  •    -Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
  •    -Escribir un relato ou conto: de tema libre.
  •    -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.

   No Concurso Literario poden participar nenos e xoves a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:

  •    -Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
  •    -Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.

   A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto co/s traballo/s a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 10 de maio de 2021; se por cuestións de Covid a Biblioteca pechase ou estivese pechada, a inscrición realizaríase no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de luns a venres, dende as 7.45 ás 15:15 horas), tamén con data límite de 10 de maio de 2021.

 

-----> BASES REGULADORAS

Muinheira de Interior de Xaime Miranda

 O videoclip Muinheira de Interior, de Boyanka Kostova, dirixido por Xaime Miranda levou o PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR VIDEOCLIP, premios que este ano celebraban a súa XIX edición. A gala 2021 celebrouse o pasado sábado 10 de abril no Teatro Colón da Coruña.

Recordamos que o videoclip foi rodado na súa maior parte no noso Concello, concretamente no entorno do Portiño de Morás, nas zoas dos dolos, que son omnipresentes no espazo onde se desenvolve o videoclip.

        

Ademáis disto, tamén foi importante a aportación xovense a este videoclip xa que nel colaborou o noso Concello, a Asociación Saiñas e Ganados Bigotes.

Polo tanto, só nós queda por felicitar aos gañadores deste premio, que é un pouco noso tamén. Por parte do Concello, é tamén un recoñecemento á politica de apoio a distintos proxectos audiovisuais que se desenvolveron aquí nos últimos anos, en parte gravados no noso término municipal e que contaron co patrocinio e a colaboración do Concello de Xove.

VELENO, ÚLTIMO VIDEOCLIP DE BAIUCA, RODADO EN XOVE

Xa se estrenou  “Veleno”, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas. O vídeo foi dirixido polo xovense Adrián Canoura.
   O vídeo rodouse durante o mes de xaneiro en Xove, especialmente nas ruinas de San Tirso, na Parroquia de Portocelo. Entre as colaboracións, por parte xovense temos o grupo Saiñas de Xove,  un de cuxos componentes, Uxío Dayán, aparece como bailarín. Tamén participou a xovense Nuria Lestegás como meiga 2.
   Por outra banda, o Concello de Xove contribueu ao patrocinio deste vídeo cunha aportación de 1.800 euros, xa que se considerou que axuda a promocionar Xove no exterior, dado que se trata dun produto cultural con moita difusión a través das redes: youtube, instagram, Facebook, etc.

grabacionXove

 

Concurso Covid-Disfraces.....

FALLADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE COVIDISFRACES “CovidENTRÓIDATE 2021”.

3º PREMIO FAMILIAR

   Hai uns días a Concellería de Cultura anunciou o fallo do Concurso de Caretas de Entroido adicadas aos alumnos do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. Pois ben, outra das actividades que Concellería de Cultura puxo en marcha dentro da Programación do Entroido foi o Concurso “CovidENTRÓIDATE 2021”.

Os disfraces presentados a este concurso tiñan que gardar relación co Covid-19; dende a organización pretendemos abrir un espazo imaxinativo que contribuira, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.

   Puideron participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquer particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como “unidade de convivencia” (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa COVID, e con independencia da súa residencia ou non no Concello de Xove. Resumindo, o concurso estivo aberto a toda a xente en xeral, de Xove, da Mariña,….

   Pretendimos que a xente se disfrazase, iso sí, respectando todas as normas Covid. Isto, lóxicamente, limitounos moito, polo que consideramos establecer 3 categorías participativas, todas fácilmente realizables no entorno familiar.

Os premiados/as, foron:

   1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría INDIVIDUAL INFANTIL (de 0 a 14 anos):

     1º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 3) - NO COLEXIO HOGWARTS.

concelloefectos

     2º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 6) – POLICÍA ANTIVIRUS.

     3º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 2) – CONTROLANDO A PANDEMIA

   2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría INDIVIDUAL ADULTOS (maiores de 14 anos):

     1º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 4) – VACINA PFRAZER, LABORATORIOS PENASAGUDAS.

     2º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 5) – VIRUS FORA DA CASA.

     3º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 6) – MÉDICO NA CASA.

   3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría FAMILIAR:

     1º Premio: (REX. Nº Famil. 5) – ANO DO DEMO.

     2º Premio: (REX. Nº Famil. 4) – NIN VACUNA, NIN SOLFATO, TEMOS QUE BATEALO.

     3º Premio: (REX. Nº Famil 3) – VACINAS COVI

 

En canto aos premios en cada unha das categorías, temos:

            PREMIOS              
CATEGORÍAS

INDIVIDUAL INFANTIL

de 0 a 14 anos

(nados entre o 2007 e 2021, ámbos anos incluídos)

INDIVIDUAL ADULTOS

máis de 14 anos

(nados anteriores da 2007)

FAMILIAR

1º premio: 100 €

2º premio: 75 €

3º premio: 50 €

1º premio: 100 €

2º premio: 75 €

3º premio: 50 €

1º premio: 200 €

2º premio: 150 €

3º premio: 100 €

Os premios consisten na entrega de un cheque-regalo que poderá gastarse en calquera establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove, tendo como límite o 30 de xuño de 2021 para realizar o gasto.

Máis fotos en  ---> https://www.facebook.com/ConcelloDeXove

 

 

Concurso de Covid-disfraces 2021

CARTEL COVIDENTRÓIDATE

BASES REGULADORAS CONVOCATORIA

FICHA DE INSCRIPCIÓN NO CONCURSO

 

Concurso de Caretas de Entroido 2021

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e aos de ESO do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Cada concursante pode presentar unha ou máis caretas a este Concurso, iso sí, só poderá optar a un solo premio. Lóxicamente, dende o Concello o que pretendemos con este Concurso é potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Normalmente os traballos que participaban neste concurso recollíanse na Biblioteca Municipal e cos mesmos facíase unha exposición. Dado que nestes intres a Biblioteca Municipal, por causa do Covid-19, está pechada, os traballos que participen no concurso hai que entregalos no Departamento de Cultura, concretamente no despacho do técnico municipal de cultura na 5ª planta do Concello, en horario de oficina, de 7:45 a 15:15 horas.

O prazo para presentar traballos remata o xoves 25 de febreiro.

Bases reguladoras

 

Cancelación da Recepción ós Reis Magos polo COVID

   Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten o noso Concello, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello de Xove decideu CANCELAR A RECEPCIÓN DE SSMM OS REIS MAGOS QUE ESTABA PREVISTA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES PARA O MARTES 5 DE XANEIRO. Lóxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. 

   A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares do Covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por tódalas casas dos nenos do Concello na medianoite do 5 para o 6. Polo tando, dende o Concello animamos a todos os nenos a que esperen con ilusión esa máxica noite.

reis2

Programa de Nadal 2020

 

 

 




Actuación Teatral no Salón de Actos 19 decembro

Concurso Fotografía Medioambiental 2020

Acta do xurado do VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, A Súa Costa e o Seu Mar”

    En Xove, a 1 de outubro de dous mil vinte, sendo as 12:00 horas, reúnese no despacho do Técnico Municipal de Cultura o Xurado do VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar” organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado polos fotógrafos xovenses Dº Santos Cordovilla Rodríguez e Dº Guillermo de Pazos Sánchez do Colectivo de Fotógrafos de Xove, e o fotógrafo e pintor Dº Enrique Toral Orbea, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro.

   Procedemento de avaliación:

   Antes de comezar a avaliación das distintas fotografías presentadas, o Secretario procedeu a numerar polo exterior os sobres presentados, realizando unha correlación en orde ao seu rexistro de entrada no Concello. De seguido, o Secretario foi abrindo os sobres, un por un, comezando polo nº 1 e seguindo a correlación anterior. A continuación, os membros do xurado foron visionando e avaliando as fotografías dos traballos presentados na orde citada. Unha vez que o xurado tivo decidido cales foron as fotografías merecedores dos premios convocados, por parte do Secretario, e tendo en conta as “fichas de autoría”, procedeuse a porlle nome aos autores/as das fotografías premiadas.

1º premio -  COÍDO - Emilio Pérez Vázaquez2

   Rematado o proceso de avaliación, o Xurado acorda conceder os seguintes premios:

Premiados:

  • Primeiro premio de 120 €uros: Dº EMILIO PÉREZ VÁZQUEZ coa obra “COÍDO“.
  • Segundo premio de 100 €uros: Dº PABLO FERNÁNDEZ FRÁ coa obra “ENERXÍA LIMPIA“.
  • Terceiro premio de 90 €uros: Dº ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “RAMPA DE LA BALLENERA“.
  • Cuarto premio de 75 €uros: Dº GERMÁN PALEO NAVARRO, coa obra “CABO MORÁS“.
  • Quinto premio de 65 €uros: Dº JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “ XUNTOS“.

   E para que conste aos efectos oportunos, unha vez rematado o traballo de selección dos premios, asinamos a presente Acta en Xove, sendo as 14:00 horas do un de outubro de dous mil vinte.

Campionato de España Xuvenil de Bolos

O club de Bolos Xove sigue en racha.---> A finais de agosto pasado celebramos os éxitos do Club de Bolos Xove no Campeonato de España Femenino. Pois ben, continuando con esta racha victoriosa, o Club de Bolos Xove acaba de conseguir uns excelentes resultados na categoría Xuvenil no Campeonato de España celebrado este pasado fin de semana, concretamente os dias 19 e 30 de marzo, na localidade asturiana de Navelgas.

 O Club de Bolos Xove só participou con 3 xogadores neste campionato, iso sí, os tres de altísimo nivel, tal como se demostrou ao final. Estes xogadores foron Xenxo Salgueiro, Javier Alonso e a xogadora Julia López, esta última vixente Campeona de España en categoría absoluta feminina.A participación de Julia nestes campeonatos débese a que o reglamento dos mesmos perminten a participación mixta, dahí que Julia tivo a oportunidade de medirse ao resto dos participantes, todos de categoría masculina. Hai que decir que no xogo de bolos, polo menos nas categorías inferiores, non se nota tanto a diferenza entre homes e mulleres, xa que os perfís físicos inda non está totalmente definidos.

 Categoría individual: A participación de Julia foi excelente, chegando a semifinais, sendo batida polo seu compañeiro de equipo Javier Alonso. Inda así, na pelexa pola 3º posto, Julia impúxose ao actual campión galego da categoría Ismael Torres. A final enfrentou a Javier Alonso enfrentouse a Cristian Prieto do Club Frouxais de Ourense, quen finalmente se acabou impoñendo. Pero bueno, o segundo posto de Javier e o 3º de Julia consideramos que é un éxito extraordinario dado o nivel dos participantes. Nesta categoría individual tamén particpou o noso xogador Xenxo Salgueiro, pero os nervos desta súa primeira participación no Campeonato de España fixeron que non puidera clasificarse entre os 8 primeiros.

bolitosrrre

Categoría por parellas.-  Pero bueno, Xenxo desquitaríase no campeonato por parellas, onde formou parella coa súa compañeira de equipo Julia López, proclamándose brillantemente campións de España por parellas, impoñéndose por un rotundo 4-0 e 4-1 na final. Pola súa banda, Javier Alonso, formando parella con Iker Alonso, acadou o 3º posto final por parellas.

   En fin, un fin de semana redondo para o Club.

 

CAMPEONAS DE ESPAÑA DE BOLOS

Hai uns días celebrabamos o éxito da xovense Antía Castro no Campeonato de España de Gigante de patinaxe alpino, agora temos que seguir celebrando os éxitos do deporte ferminino xovense.

Agora son as deportistas do Club de Bolos Xove as que nos acaban de dar unha gran satisfacción coa súa actuación no Campeonato de España Femenino de Bolos celebrado o pasado fin de semana, concretamente os dias 29 e 30 de agosto, no parque da Cachada en Boiro.

Inda que o Club se desprazou cun pequeno grupo de xogadoras, debido a unha serie inoportuna de lexións dalgunhas tiradoras, os resultados non puideron ser máis satisfactorios.

Debido ao Covid-19 só se pudieron celebrar dúas categorías. Os resultados nas mesmas foron os seguintes:

CATEGORIA INDIVIDUAL
CAMPEONA JULIA LOPEZ CLUB DE BOLOS XOVE
SUBCAMPEONA PAULA LOPEZ CLUB DE BOLOS PORTOMEAN
TERCEIRA LARA RODRIGUEZ CLUB DE BOLOS XOVE
CUARTA BLANCA LAGO CLUB DE BOLOS ESTIVADA
CATEGORIA PARELLAS
CAMPEONAS LARA RODRIGUEZ (CB XOVE)-PATRICIA GONZALEZ (CB PORTOMEAN)
SUBCAMPEONAS PAULA LOPEZ (CB PORTOMEAN) - LAURA REDONDO (CB BOIRO)
TERCEIRAS ROCIO MENENDEZ (CB SERENOS) - BLANCA LAGO (CB ESTIVADA)
CUARTAS JULIA LOPEZ (CB XOVE)-ROSALBA FORMOSO (CB XOVE)

En categoría individual Julia López fíxose co seu segundo Campeonato de España; a tenor do xogo que está a realizar, estamos seguramente diante da dominadora dos bolos nacionais dos vindeiros anos. Julia López, formando parella tamén coa xovense Rosalba Formoso, acadaron tamén un honroso cuarto posto na cateogoría de parellas.

Se o de Julia entra dentro do normal, xa que se trata dunha xogadora completamente contrastrada e cunha trayectoria moi consolidada, a sorpresa veu por parte doutra xogadora xovense, que leva anos participando nas tiradas, inda que dun xeito irregular. Estamos a falar de Lara Rodríguez, membro dunha das grandes dinastías de xogadores dos bolos xovenses; seus avós, seu tío, os seus pais e seu irmán participan regularmente nas tiradas de bolos, ousexa, vive nun ambente e nun entorno deportivo completamente relacionado cos bolos. Nesta tirada de Boiro destacouse como unha gran xogadora, e formando parella co Patricia González do CB Portomean, consigueu o Campeoanto de España por parellas. A este gran trunfo añadímoslle o terceiro posto final no Campeonato de España Individual, entorchado que lle supuxo un fin de semana máxico e que, sen dúbida, vai darlle moitos pulos para seguir neste deporte e seguir crecendo como xogadora. Xunto con Julia López, ambas moi xoves, poden formar unha parella de xogadoras dominantes neste deporte nos vindeiros anos.

 

VII -->CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL EN XOVE

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, contamos cinco premios en metálico:

    • Primeiro premio: 120 euros
    • Segundo premio: 100 euros
    • Terceiro premio: 90 euros
    • Cuarto premio: 75 euros
    • Quinto premio: 65 euros

   Normas do concurso:   A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

   A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:

  •    -Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
  •    -Copia do NIF do concursante.
  •    -Un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 11  DE SETEMBRO DE 2.020, e poderá presentarse  tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación,  tendo en conta o límite do día 11 DE SETEMBRO DE 2020.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.

---->Bases Reguladoras da Convocatoria 

---->Ficha de Inscrición-Autoría  

VII Concurso de Fotografía Medioambiental en Xove

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:

 Primeiro premio: 120 euros .- Segundo premio: 100 euros .- Terceiro premio: 90 euros.- Cuarto premio: 75 euros.- Quinto premio: 65 euros

   Normas do concurso : A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

   A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:

  •    -Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
  •    -Copia do NIF do concursante.
  •    -Un CD que conteña as imaxes dixitais.

   O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 11 DE SETEMBRO DE 2.020, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 11 DE SETEMBRO DE 2020.

   Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. 

  -------------->BASES REGULADORAS ----------------><<FICHA DE AUDITORIA

 

 

Solicitude matricula Escola de Música 2020-2021

Ata o 30 de xuño está aberto o prazo para solicitar a matricula no próximo curso 2020-2021 da Escola Municipal de Música para OS QUE XA FORON ALUMNOS este curso 19/20.

SOLICITUDE MATRICULA ver2

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo