“Galego de Cine”, este vindeiro sábado en Xove

GALEGO DE CINE é unha actividade pertencente ao programa de dinamización lingüística FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  Trátase dunha actividade destinada a 20 nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a través dos cales os nenos/as participanteschegarán a construir o seu propio conto. Isto completarase cun video-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento das actividades.

falaredesGalego de Cine vaise desenvolver nunha caravana ubicada na Praza do Centro Cívico de Xove este SÁBADO 29 DE SETEMBRO, en HORARIO DE 10:30 A 13:30 HORAS. O programa de actuación vai ser o seguinte:

Para realización desta actividade, a Concellería de Cultura do Concello de Xove abriu unha convocatoria entre os alumnos/as de 1º a 6º de primaria do CEIP Pedro Caselles. A estas alturas, das 20 prazas coas que contamos, temos xa cubertas 17.