Todo un éxito o concurso de KaraoKe...

O pasado venres 30 de decembro, a partires das 22:00 horas (10 da noite) tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove o Iº CONCURSO DE KARAOKE, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove.

 

No Concurso tivemos tres categorías: Peques, iunior e veteranos. En cada unha destas categorías premiouse a “Mellor voz” e “Mellor caracterización”. No primeiro caso, para a concesión do premio, o xurado atendeu á calidade da voz, modulación ou entonación. No segundo caso valorouse o vestiario, maquillaxe e aspectos similares.

En total presentáronse 24 participantes, 6 na categoría “peques”, 3 na “iunior” e 15 na “veteranos”. Debido a esta espectacular participación, sobretodo tendo en conta que era a 1ª edición, o Concurso, que comezou con puntualidade ás 22:00 horas, alongouse ata pasada as 12 da madrugada, non movéndose ninguén ata o final, dada a expectación e o interés polo mesmo.

 En total tivemos  6 premios, que foron os seguintes:

Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):

 Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):

 Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):

 Os da categoría “peques” tiveron un premio de 20 euros, os “iunior” de 50 e os “veteranos” de 100.

Máis de 300 persoas abarrotaron o Salón de Actos, atopándose o patio de butacas e o anfiteatro completamente cheos de público, con numerosas persoas de pé.

O Xurado do Concurso estivo formado por Dª Xulia Nogueira Directora da Escola Municipal de Música de Xove, D. Eduardo Rodríguez Basanta e D. Javier Arca Uría en representación da ACIAM de Xove, actuando como Secretario  o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro.

Como presentadores do Concurso, tivemos a Vanesa Míguez Ramos e a Rubén Pico Rey.

En canto á entrega de premios, foi presidida pola Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e o Tenente de Alcalde José Manuel González.

ultima hora: xa temos o video das actuacións Cool