Actuación de ContaContos na Biblioteca

A Concellería de Cultura do Concello de Xove programou para hoxe, e conmemorando o Día Internacional do Libro, a actuación do contacontos FRAN ÍNSUA co espectáculo “A MIÑA MAMÁ CONTOUME”, que se desenvolveu de 11:00 a 12:00 horas na Aula Infantil da Biblioteca Municipal de Xove.
Esta actuación englobouse dentro do Programa “Letras Vivas Animación 2012” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, contando tamén co patrocinioo  do noso Concello. A organización correo a cargo da Biblioteca Pública  Municipal de Xove.
A actuación de Fran Ínsua estivo adicada aos nenos/as de Infantil do CEIP Pedro Caselles Rollán, concretamente aos de 4º, 5º e 6º de Infantil (4, 5 e 6 anos). Un total de 54 nenos disfrutaron gratuitamente desta actuación.

contacont3434