campamentos de verán

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS MUNICIPAL DE  XIMNASIA RÍTMICA

Os distintos departamentos do Concello xa están a preparar o que vai ser o curso 2012-2013; así, no caso da ESCOLA MUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA, esta vai aproveitar todo o mes de agosto para que as alumnas poidan realizar a súa inscrición (matrícula).   

 DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR: 

Folla de Inscrición.

Comprobante de ter feito o pago de 50€ no nº de conta que se indica en concepto de matrícula por alumno e curso completo   Nº de conta 0072 0231 45 0000100036 do Banco Pastor.

Fotocopia do DNI do alumno/a ou do pai/nai, titor/a .- A folla de inscrición tamén se poderá  recoller nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello,  en REXISTRO), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, e os sábados de 11:00 a 13:00 horas na biblioteca.

Para formalizar a MATRICULA, hai que rexistrar a Folla de inscrición (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello, xunto co comprobante de ter feito o pago, e ademáis a fotocopia do  DNI do alumno ou do pai/nai, titor/a. O prazo será durante todo o mes de Agosto do presente ano, en horario normal das Oficinas Municipais. 

Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola (31 Agosto), o Concello fará pública a Lista de admitidos. 

As actividades do Curso 2012-2013 comezarán o XOVES, 6 DE  SETEMBRO de 2012 no Pavillón Municipal de Deportes. 

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica