Iª Xornada de Convivencia Musical de Xove
Onte, domingo 19 de xuño, tivo lugar en Xove a “Iª XORNADA DE CONVIVENCIA MUSICAL DE XOVE”, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove a través da súa Escola Municipal de Música de Xove, e que contou coa colaboración organizativa do Conservatorio de Música de Fingoi, da capital lucense. Na mesma participaron uns 60 alumnos/as de ambas escolas con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, xunto con varios compoñentes da Aula de Formación de Adultos da Escola Municipal de Xove.Tratouse dunha xuntanza lúdico-educativa, xa que houbo tempo para o estudo e tamén para o lecer.
Musicalmente, aproveitoise para realizar un traballo de música orquestal a través de diferentes épocas e autores; concretamente traballouse con obras de J. S. Bach, Roman e a coñecida pedagoga estadounidense Sheila Menson, coa súa coñecida Suite Italiana.

 

O Programa da Xornada foi o seguinte: