Mañá comeza o programa de actividades do Antroido 2011
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e  da Concellería de Servizos Sociais, presenta un amplo Programa de Actividades para este ANTROIDO 2011.

-16:00 horas.- Pasarrúas a cargo da Charanga “A Pataqueirada de Burela”, quens percorrerán e animarán as principais rúas de Xoe.

-17:00 horas.- Desfile Antroido 2011. Sairá da Nave-Almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, continuará por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuando pola Avenida Deputación, desviámonos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico.

-18:30 horas.- Rematado o Desfile, no Pavillón imos ter unha festa especial para os máis pequenos cun Baile Infantil de Disfraces, animado pola Discoteca Móvil Supernova. No intermedio deste Baile, a organización do Antroido fará entrega dos premios do Desfile en categoría Infantil Individual, e tamén do Concurso de Caretas de Antroido organizado pola  Biblioteca Municipal de Xove.

-22:30 horas.- Rematado o baile infantil, a partir da citada hora teremos no Pavillón Municipal  un Baile de Disfraces para tódolos públicos animado pola Orquesta Panamá. Nun intermedio deste Baile a Organización entregará tódolos premios do Desfile de Antroido, menos lóxicamente o individual infantil, entregado no baile infantil.

A organización das actividades deste 5 de marzo corre a cargo da Concellería de Cultura.

 Tódalas actividades incluidas dentro deste Programa Antroido 2011 son de carácter totalmente gratuito. Por último, dende  o Concello aproveitamos para invitar a tódolos xovenses e visitantes foráneos nestas datas, a participar nas múltiples actividades programadas.