R comeza o despregamento da súa rede de fibra óptica

mundo-rEstá previsto que medio millar de fogares e empresas de Xove dispoñan de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidadetelevisión dixital e móbil R.
Xove pasará a formar parte do grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador está a despregar en toda a comunidade autónoma.
R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R a uns 500 fogares e locais empresariais do municipio. Cun investimento aproximado a medio prazo de 440.000 euros, R despregará 3 quilómetros de canalizacións e preto de 2 quilómetros e medio de fibra óptica en Xove. De feito, os traballos de obra civil para conectar fogares e empresas deste concello lugués á rede de R xa se realizaron nas rúas de Camiño Real, Lavandeiras, Estrada Regueira, Tomás Mariño Pardo e na urbanización Palmeiro e de contado desenvolveranse o resto das obras nos accesos a esta última zona residencial e na área de Deputación.

novos servizos: 
R, presente xa en 76 localidades da comunidade, continúa despregando a súa rede en Galicia para poder ofrecer, entre outras cousas, servizos de telecomunicacións cun acceso a internet de 100 megas de baixada e 5 megas de suba e cun caudal garantido do 80%. Así mesmo, grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R está construíndo, rúa a rúa, os habitantes de Xove disporán de chamadas gratis a todos os fixos estatais e poderán contratar un servizo de televisión temática multicanle con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis de 90 canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade. O vídeo baixo demanda e máis a televisión en alta definición completarán este ano o servizo de televisión R. Por outra banda, tras pouco máis dun ano do lanzamento do servizo de móbil R, integrado na oferta de telecomunicacións do operador galego, R xa conta con preto de 90.000 liñas e é pioneiro neste mercado ao ofrecer chamadas gratis a móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo para todos os seus clientes de televisión dixital e gratis a móbiles R para todos os seus clientes.   web de R Cable e Telecomunicacións