Na rede de dinamización lingüistica da Xunta

Hoxe pola mañá o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, mantivo unha reunión co Secretario Xeral de Política Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez, co fin de ADHERIRSE Á REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

fotonova 

 

A Rede de Dinamización Lingüística naceu en virtude da publicación no Diario Oficial de Galicia, o pasado 21 de setembro de 2010, da Orde do 14 de setembro pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística. A partir dese momento, as entidade locais que así o desexen poden solicitar formalmente a súa adhesión á Rede, para comezar a traballar de maneira coordinada, colaborativa e cooperativa co resto de entidades integradas na mesma.

 

O financiamento das actividades da Rede estará garantido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da dita secretaría xeral, se ben as entidades adheridas poderán realizar as achegas económicas determinadas no Consello de Membros, para sufragar os seus programas e actividades.

As entidades designarán, no momento de solicitar a súa adhesión á Rede, unha dupla representación (con cadansúa suplencia) a través das que exercerán unh dupla representación: política e técnica. As integradas na Rede poderán acordar en calquera momento a súa separación da mesma.

No contexto da dinamización social da lingua galega, a Rede de Dinamización LINGÜÍSTICA supón unha mudanza con respecto ao modelo actual de intervención e o beneficio, por parte das entidades integradas, dunha serie de vantaxes, entre as que cómpre destacar:

1º.- A optimización e o aproveitamento de sinerxias dos recursos existentes.

2º.- A non duplicidade de tarefas e de accións.

3º.- Unha maior presenza social das accións de dinamización lingüística.

4º.- Un maior coñecemento e adaptación á realidade social de Galicia.

5º.- Maior eficacia e eficiencia dos labores e dos servizos prestados á cidadanía desde a propia Administración.