A Biblioteca Municipal de Xove organiza un Concurso de Caretas de Antroido
Como acto inicial do Programa de Antroido que o Concello de Xove presenta cada ano, a Biblioteca Municipal de Xove, que dependente da Concellería de Cultura, organiza un CONCURSO DE CARETAS DE ANTROIDO destinado a tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello que o desexen. Os traballos terán que ter como base o papel(folio, cartón, etc.), pero se lle poderán engadir outros materiais, e ascaretas non poderán superar o tamaño de un folio A4.
No Concurso haberá as seguintes categorías: Haberá tres premios por categoría, un primeiro, un segundo e un terceiro, consistindo os premiosen lotes de libros/material escolar.
O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de marzo, e os premios ás mellores caretasentregaranse canda os gañadores dos premios infantís do Desfile de Antroidode Xove. Con tódolos traballos realizarase unha exposición na Biblioteca Municipal.