Presentado en xove o libro "De Sol a Sol. Un século de traballo en Xove"
O pasado día 23 de decembro, presentouse en Xove o libro De Sol a Sol. Un século de traballo en Xove, obra que recolle un longo estudo etnográfico do mundo do traballo, realizado no mesmo concello de Xove durante máis dun ano polas súas catro autoras: Susana Fernández Iglesias, Rosa Lage Canoura, Nelle Pérez Franco e Lucía Sánchez Meitín.
No libro, no que participaron máis dun cento de habitantes do municipio, recóllese, dun xeito testemuñal, as diferentes formas de traballo: dende as tarefas do núcleo doméstico da casa, ata o campo, o mar, a industria e o comercio, e máis dunha vintena de oficios que tiveron a súa importancia en Xove durante máis dun século.
A referencia temporal da obra abrangue dende finais do século XIX, ata os anos setenta do século pasado; momento no que se comezou coa construción da factoría de alúmina e aluminio.
A publicación do libro contou coa colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, e o Concello de Xove reservou uns 1.400 exemplares para que todos os fogares do municipio tivesen un volume de forma totalmente gratuíta.Smile

PRESENTACIN_DO_LIBRO_-__DE_SOL_A_SOL