O BELÉN VIVENTE, PRATO FORTE DO INICIO DO NADAL
Onte, venres 17 de decembro, comezaron as actividades dentro do PROGRAMA DE NADAL 2010-2011 do Concello de Xove, cunha intensa axenda.
Pola mañá, ás 11:30 horas, Papá Noël visitou a Escola Infantil de Xove onde uns corenta nenos/as, acompañados dos seus país, o esperaban para recibir os seus regalos.
Xa pola tarde, ás 20:00 horas, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Dolores Meitín, inaugurou a Exposición de Pintura de TONY MENDAÑA na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo, que vai estar aberta ata o 29 deste mesmo mes de decembro.
Como remate deste intenso día, INAUGUROUSE E ABREUSE O BELÉN DE XOVE cun espectáculo de luz e son, no cal un grupo da Escola de Maiores do Concello realizou unha serie de escenificacións convertindo o Belén nun belén vivente. Por último, a chegada outra vez de Papá Noël e o acendido do Árbol de Nadal puxeron fin a estes actos.
BELEN205