XXIIª TIRADA DE BOLOS - XIª SUB 18 - IIª LIGA FEMININA

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA  ( 13 NOVEMBRO 2010) )
4
1   INSCRITOS:    26  NA LIGA SENIOR,    6  NA LIGA SUB 18  E    9   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                                                     NOME          TANTOS        PUNTOS

LIGA SENIOR

MELLOR BOLADA            JOSE VIGO LAGE   75        1

LIGA SUB 18

MELLOR BOLADA            SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ        40        1

LIGA FEMININA

MELLOR BOLADA            SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ        40        1

 -41 inscritos,    26 na Liga Senior,    6 na Sub 18 e  9 na Liga Feminina.

Liga Senior.-  Espectacular victoria de Jose Vigo Lage, un Sub 18 que este ano decideu ascender de categoría, e pasar á categoría senior dos maiores. Trátase da súa primeira victoria na categoría absoluta, e todo hai que decilo, foi unha victoria tremenda con 205 tantos (65 + 75 + 65), sacándolle 33 tantos ao segundo que é seu pai Arturo Vigo e 49 tantos a Luis Rancaño. Fallaron os líderes, especialmente Ginés Rodríguez quen non foi capaz nin de puntuar, o que lle costa o liderato a costa de Moisés Rodríguez, gracias aos tres puntos obtidos. Arturo Vigo ascende á terceira posición a costa de José Rafael González que agora é cuarto. En definitiva, xornada que  sirveu para apretar a clasificación xeral, dado que do primeiro (41 puntos) ao sexto (28 puntos) só temos 13 puntos de diferencia.

Liga Sub 18.- Cambio de líder tamén nesta Liga, que agora comanda Salomé Cardoso con 19 puntos, seguido de Aitor Bouso con 18. O non puntuar fixo que o lider ata este intre, Daniel López, caise ata terceira posición con 16 puntos. Cuarto está Samuel Rey con 11 e quinta Claudia Fernández con 10.

Liga Feminina.- Rocosa se está mostrando Dolores Baño, que é a única xogadora da categoría que ata o momento puntuou en tódalas tiradas, dahí a súa regularidade, e que encadena a súa segunda victoria consecutiva, o que lle permite liderar con 29 puntos, 11 máis que a vixente campiona Carmen Roca, que ten 18 puntos.  Terceira continúa Concepción Piñeiro con 15 puntos, seguida de Belén Meitín con 14 e a sub 18 Salomé Cardoso con 10.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ O VINDEIRO SÁBADO, 20 DE NOVEMBRO DE 2010.