Nova exposición de fotografía en Xove
Despois de "Xove 360º", o noso Concello acolle unha nova exposición fotográfica, neste caso organizada e patrocinada pola Asociación Fotográfica "Os Negativos" de Viveiro, un grupo de afeccionados á fotografía. A Concellería de Cultura do Concello de Xove colabora con esta exposición prestando o marco do Centro Cívico, lugar onde xa están expostas as 47 fotografías que a conforman.
P1020830 
Trátase dunha exposición innovadora, xa que non vai no interior dunha sala, senón que se mostran os distintos traballos no exterior, ao aire libre; deste xeito, as fotografías, impresas en lona, para o cal se contou coa colaboración da empresa Informática Futures, están colgadas en varias das balaustradas/pasarelas do Centro Cívico, a maioría delas na Propia Praza do Centro Cívico e outras no exterior da Casa de Cultura.
Os autores da exposición son: Antonio Vázquez, Antonio Ben, Juan Ocaña, Juan Antonio Fernández, José M. Moreno, Paco López, Alberto García e Ana Isabel Codesal. Cada un dos autores realizou realizou 6 obras, menos Alberto García que é autor de 5, dahí as 47 fotografías.
Segundo os autores da exposición, os membros da Asociación Os Negativos, este proxecto enmárcase nunha serie de actuacións para difusión da fotografía en espacios alternativos.
A obra exposta non ten un tema nin un fío conductor único; trátase de traballos moi variados: paisaxes, viaxes, composións, etc. . As obras, como xa dixemos, están editadas en lona, cun tamaño de 1 x 0´8 metros, o cal permite que poidan ser contempladas con comodidade polo público.