IVª Edición do concurso de postais en Xove
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organiza por cuarto ano consecutivo un CONCURSO DE POSTAIS, dirixido a nenos/as e rapaces/as de Preescolar, Primaria e ESO. Esta actividade englóbase dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello. Dentro do Concurso imos ter cinco categorías:
postale2s-navidad-papa-noel-p
Lóxicamente, as postais estarán relacionadas con motivos navideños, e os traballos teranos que presentar en tamaño axustado a unha cuartilla (medio folio A4). As técnicas a empregar serán libres: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collages, etc. Os traballos haberá que entregalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, lugar onde serán expostos todos. O prazo de presentación de traballos remata o 24 de decembro.
Haberá tres premios por categoría, e consistirán estes en libros ou material escolar.
O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, e a entrega dos premios realizarase o 5 de xaneiro, unha vez remate a Cabalgata.
O mesmo que este ano, un dos traballos que se premie nesta edición servirá como postal institucional o ano vindeiro.