Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

“DIA DO NENO”, MAÑÁ NAS FESTAS PATRONAIS

mago5
O Concello de Xove, neste caso a través da Concellería de Cultura, sigue co amplo Programa de Actividades das Festas Patronais San Bartolo 2010.
Se hoxe “Tropa de Trapo” vai actuar para un público adulto, mañá celebraremos o DIA DO NENO cun conxunto de actuacións dirixidas especialmente á poboación infantil.
O Programa para o Dia do Neno, qui imos a celebrar mañá mércores 25 de agosto, é o seguinte:
  • 16:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove: actuación  de TEATRO BABALUVA coa obra “LUME”.A duración da obra é de algo máis de 30 minutos. Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nen@s de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa. Neste proxecto faise visible o traballo de moitas mulleres adicadas a diferentes facetas artísticas en diversos puntos do planeta. Mulleres e homes tod@s implicad@s en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e  compromiso social dende as linguaxes particulares das súas creacións.
  • -17:00 horas na Praza do Centro Cívico de Xove: INCHABLES. Todo tipo de inchables para que o público infantil e xuvenil disfrute a tope.
  • -20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico: o MAGO DANI GARCÍA actuará co espectáculo ”ACCIÓN”.
  • Espectáculo de maxia de pequeno e mediano formato deseñado para representar nos sitios máis variados... Maxia visual para toda a familia. A orixinalidade, a comedia, e o drama xúntanse coa maxia neste espectáculo para facer pasar un anaco dos que non se esquecen. Efectos de maxia coa mente, con alimentos e mesmo co propio corpo do mago sácanlle un sorriso ó público e demostran que todo é posible. Dende os clásicos máis perigosos da maxia ata o mais novedoso e disparatado que a enferma mente do mago se lle pode ocorrer xuntanse neste espectáculo.

Dentro deste Programa temos que salientar a colaboración e patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dado que tanto a actuación de Teatro Babaluva como a do Mago Dani García englóbanse dentro do Programa Circuitos Culturais/Camiños da Cultura 2010.Para rematar esta nota, sinalar que tódalas actividades que se van celebrar no Dia do Neno teñen un carácter libre e totalmente gratuito. A organización aproveita para invitar a tódolos nenos/as tanto do Concello coma visitantes a participar nas actividades programadas.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo