Comezan os Circuitos Culturais en Xove

tmorcego

Hoxe, luns 31 de maio, tivo lugar ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico o comezo dos CIRCUITOS CULTURAIS/CAMIÑOS DA CULTURA coa compañía TEATRO DO MORCEGO, a cal puxo en escea  o LAZARIÑO DE TORMES”; a esta función acudiron tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.
Esta actividade está  organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, tres teatrais e un de maxia. Amáis de Teatro do Morcego, o programa complétase con:
VENRES, 4 DE XUÑO
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.