Rematou a temporada de bolos coa celebración da VIIª Copa
Hoxe, sábado 27 DE MARZO, tivo lugar na Bolera do Centro Social de Vilachá, na Parroquia de Portocelo  a VIIª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2009-2010 de bolos.
Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.

A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual, polo que a edición do ano vindeiro tocaralle a bolera do Centro Social de  Morás.



Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada,  dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional. Para formar as parellas utilizamos as clasificacións finais da  Liga de Maiores e da Liga Sub 18 da seguinte maneira: o primeiro clasificado da Liga de Maiores fai parella co último clasificado da Liga Sub 18, o segundo clasificado da Liga de Maiores fai parella co penúltimo da Liga Sub 18, e así ata o final. Con isto preténdese que as parellas sexan o máis igualadas posibles, e ao mesmo tempo dámoslle a oportunidade de que os xogadores da Liga Sub 18 poidan xogar xunto (formando parella) aos da Liga de Maiores, cousa que lles gusta moito e ademáis é unha unha motivación para eles.

O cadro final de vencedores desta VIIª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:

 

Tódos eles recibiron un trofeo de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro

O Departamento Municipal de Cultura do Concello xa está a traballar na nova temporada (XXIIª Liga, XIª Sub 18 e IIª Liga Feminina) 2010-2011, que vai comezar no Centro Social de Lago a mediados de outubro deste ano.