XIª Tirada de Bolos en Palmeiro

O máis salientable desta tirada foi  que as tres categorías foron gañadas por tres  membros da mesma familia: en categoría senior gañou o pai Carlos Javier Rodríguez, en categoría feminina gañou a nai Dolores Baño, e en categoría Sub 18 gañou o fillo Cristian Rodríguez Baño.  Ademáis disto, outros dous membros da mesma familia conseguiron premio, dado que o avó (pai de Carlos Javier e avó de Cristian) Arturo Rodríguez conseguiu o 2º posto en categoría Senior, e Lara Rodríguez (irmá de Cristian) conseguiu o 5º posto na Liga  Sub 18. Ousexa, unha auténtica saga familiar.

Liga Senior.-  A victoria obtida por Carlos Javier Rodríguez permítelle pasar do 9º ao 6º posto, pero inda moi lonxe dos postos que dan acceso a podium. A verdade é que Carlos Javier Rodríguez xa empeza a ocupar un lugar na clasificación acorde dalgunha maneira á súa categoría.

Discreta xornada dos líderes, xa que dentro dos primeiros clasificados só o líder (8º) e o segundo  clasificado (5º) lograron puntuar, permitíndolle isto a José Rafael González situarse só a 1 punto de Ginés, polo que as próximas tiradas van ser moi duras por ver se algún dos dous é capaz de deixar descolgado ao outro. Pola terceira posición final a loita non varía con respecto á pasada semanada, dado que nin César CAncelos, nin Moisés Rodríguez nin José Manuel Cociña lograron sumar.

Liga Sub 18.- Segunda victoria consecutiva de Cristian Rodríguez, sumando tamén a bolada, o que lle permite recortar a 11 puntos a distancia co líder, que sigue sendo unha semana máis Jose Vigo con 51 puntos. Jose Vigo limita o espectacular avance de Cristian gracias aos dous segundos postos obtidos nas dúas últimas tiradas. Esta segunda victoria de Cristian tamén lle permite alonxarse dos seus máis inmediatos perseguidores, consolidándose na segunda posición da táboa, seguido por Óscar Meitín con 32 puntos e Andrés Rodríguez e Alex Meitín con 30 e 29 puntos resptivamente. Polo tanto, nas vindeiras semanas iráse clarexando a clasificación, e verase si Cristian é capaz de aumentar a presión sobre Jose Vigo, ou se polo contrario é igualado polos seus perseguidores.

Liga Feminina.- Despois dunha impresionante racha de primeiros e segundos postos, Carmen Roca volveu a mostrarse humana e só puido sumar dous puntos, o que lle permite a Dolores Meitín, gañadora da proba, achegarse á cabeza, dado que agora están con 47 e 44 puntos respectivamente. Non nos queda dùbida, Carmen e Dolores vanse xogar o trunfo final porque están demostrando que son as mellors. Polo terceiro posto final temos unha cerrada loita na que están Salomé Bermúdez, Marta Álvarez e Concepción Piñeiro con 20, 19 e 16 puntos respectivamente.

A Vindeira tirada, e primeira da segunda volta,  vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SAN ISIDORO DE MONTE O SÁBADO, 23 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.