Viaxe ao programa “Land Rober” da TVG
O Concello de xove organiza unha viaxe en autobús a Santiago de Compostela para todas aquelas persoas que queiran asistir como público ao novo programa da TVG “LAND ROBER”, invitados polo xovense Roberto Vilar “O Tonecho”.

A viaxe tería lugar o xoves 19 de novembro, saindo ás 17:00 horas da Marquesina do Centro Cívico, sendo a hora prevista de chegada as 2:00 da madrugada.

Para anotarse, hai que chamar ao Concello ao teléfono 982592001 antes do 10 de novembro.