ABERTA A PREINSCRICIÓN PARA A ESCOLA MUNiCIPAL DE MÚSICA DE XOVE – CURSO 2023/204

XS28C9F2 105449Dende o venres 1 ata o venres 29 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2023-2024 na Escola Municipal de Música de Xove. Todos os alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8:00 a 14:00 horas) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

   Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da presente exacción efectuarase mediante padrón que se aprobará unha vez finalizado o período de matrícula, liquidándose o prezo polo sistema de recibo, sendo a domiciliación bancaria o xeito preferente de abono do prezo”.

   Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2022/2023 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.

 

SOLICITUDE INSCRIPCIÓN ESCOLA DE MUSICA