A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou o luns 26 de setembro, a terceira e última actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO 2022, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. Esta actuación destinouse aos 80 rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO DO IES ILLA DE SARÓN de Xove.