XXXIII TIRADA "CONCELLO DE XOVE"

    COMEZA A XXXIII TIRADA  CONCELLO DE XOVE  

    Mañá, sábado 16 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXXIII, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XXII e a XIII da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 12 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Vilachá.

   Como consecuencia do COVID_19, poderíase suspender algunha ou a maioría das tiradas do campionato. Se este fose o caso, para proceder á entrega de premios e trofeos finais deben terse realizado un número significativo de tiradas, que se establece como mínimo, en dous tercios do campionato, é dicir, ter completadas 12 tiradas das 18 totais. Debidfo ao anterior, o campionato poderá ser prorrogado ampliándose a súa duración por prazo de 1 mes, ata o sábado 16 de abril de 2022. Acadada esta data, de non terse completado as 12 tiradas, eliminaríase a clasificación final e non se entregarían os premios nin trofeos. Pero bueno, dado a boa evolución dos datos de contaxio da Covid-19, esperemos que non teñamos que suspender ninguna tirada e poidamos desenvolver o campionato con normalidade.

   Na temporada pasada 20-21, onde a pandemia Covid-19 afectou dunha maneira moi dura, puidemos celebrar e completar o campionato cunha certa normalidade, tomando ás lóxicas medidas de protección, coa total colaboración dos participantes que cumpriron aestrictamente os protocolos impostos pola organización.

     O calendario para esta XXXIII edición é o seguinte:

2021

-Sábado 16 de outubro: Centro Social LagoBOLIS344T

-Sábado 23 de outubro: Clube Palmeiro en A Rigueira

-Sábado 30 de outubro: Centro Social Penasagudas- Monte

-Sábado 6 de novembro: Campo de fútbol municipal de Xove

-Sábado 13 de novembro: Centro Social O Cruceiro-Xuances

-Sábado 20 de novembro: Centro Social A Vara-Xuances

-Sábado 27 de novembro: Centro Social de Sumoas

-Sábado 4 de decembro: Centro Social Morás

-Sábado 11 de decembro: Centro Social de Vilachá en Portocelo.

-Domingo 12 de decembro: Centro Social de Lago.

2022

-Sábado 15 de xaneiro: Clube Palmeiro en A Rigueira

-Sábado 22 de xaneiro: Centro Social Penasagudas- Monte

-Sábado 29 de xaneiro: Campo de fútbol municipal de Xove

-Sábado 5 de febreiro: Centro Social O Cruceiro-Xuances

-Sábado 12 de febreiro: Centro Social de A Vara-Xuances

-Sábado 19 de febreiro: Centro Social de Sumoas

-Sábado 5 de marzo Centro Social de Morás

-Sábado 12 de marzo: Centro Social de Vilachá

O Covid-19 fíxonos replantearnos moitas cuestións para o desenvolvemento da edición deste ano. Sempre comezábamos a tempada coas xornadas de promoción dos bolos no CEIP Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón. Lóxicamente, este ano, por segundo ano consecutivo, foi imposible de celebralas, xa que bastantes problemas co Covid-19 teñen nas institucións educativas como para complicarlles máis as cousas. 

Ata esta tempada, en cada campionato os xogadores/as tiñan que pagar unha inscrición (segundo a idade que tiñesen) para poder participar. Co que se recadaba nesa inscrición ao remate de cada tirada fanse uns pinchos para tódolos participantes. Lóxicamente este ano, inicialmente e por seguridade, non se van poñer pinchos ni ningún tipo de comida ao remate de cada tirada. Se a situación mellorase e a normativa permitira as comidas conxuntas dun grupo numeroso de persoas, replantexaríamonos voltar ao sistema anterior de pago por inscricións.