Vilamor

Dende o Concello de Xove enviamos información de unha película que se vai proxectar na praza do Centro Cívico de Xove este xoves, 26 de agosto a partir das 22:00 h da noite. Xove foi seleccionado dende a Rede de Dinamización Lingüística para acoller unha sesión de "Cine na rúa" de Via Láctea Films. A proxección do filme "Vilamor"será acompañada da presentación e posterior coloquio co director Ignacio Vilar. Esta proposta ao aire libre proxectarase en pantalla xigante e garantindo a maior calidade da mesma e sobre todo as normas de seguridade e prevención covid 19.

Xove Dinamizacion Vilamor