CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

As Letras Galegas deste ano están adicadas á poetisa Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar o Día das nosas letras un Concurso destinado a nenos e xoves.

Dentro da Convocatoria temos dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos e rapaces do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:XELA

   No Concurso Literario poden participar nenos e xoves a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:

   A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto co/s traballo/s a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 10 de maio de 2021; se por cuestións de Covid a Biblioteca pechase ou estivese pechada, a inscrición realizaríase no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de luns a venres, dende as 7.45 ás 15:15 horas), tamén con data límite de 10 de maio de 2021.

 

-----> BASES REGULADORAS