Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Festa do Ramo no Alto do Cruceiro- Xuances 2018

Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por duodécimo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 5 de outubro e o sábado 6 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 12 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai un tres anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 5 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN CARPA. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

 En canto ao amplo programa de actividades, destaca a celebración da FESTA DOS CALLOS, no seu DUODÉCIMO ANIVERSARIO, e que terá lugar o venres 5 de outubro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 5 €uros, van poder degustar unha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra LOS SATÉLITES e unha Disco Móvil.

   En canto ao programa de actividades previsto para o sábado 6 de outubro, temos:

    •       ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.-
    •       ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS.-
    •       ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ao da Festa.-
    •       ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTA NEVADA.-

Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.

Un cordial saludo,   Asinado: A Comisión de Festas     

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo