Xacio Baño: Director de Cine

 Hoxe é o día máis importante a nivel profesional para este xovense que presentará no festival de San Sebastián a súa primeira longametraxe. 'Trote' conta a historia de Carme, unha muller que vive nunha aldea do interior de Galicia xunto a súa nai enfermae o seu pai, co cal apenas se fála. A película é unha produción española lituana cón gran carga visual.

Con que sensacións chega á presentación do filme hoxe no Festival de Cine de San Sebastián? o de entre quedar nun lugar a coidar de alguén e ter que marchar para buscar outras inquedanzas. A paisaxe é parte importante da película.

Chegou a gravar algo na súa terra natal? Gravouse en Galicia, en concreto en Amil, en Pontevedra, e en Ames, preto de Santiago. Non gravamos nada en Xove nin na Mariña. Queda para a próxima pelicula. Chama a atención que este filme conte coa presenza dunha produtora lituana. Como se deron as circunstancias para que iso fose posible? Pois foi porque eu coincidira coa produtora lituana, que se chama Ciobreliai Films, en varios festivais nos que participei.

 Para un concello pequeno como Xove, é moi resefiable a cantidade de xente que se dedica ás artes audiovisuais, como é o caso de Xacio Baño ou o tamén director cinematográfico Lázaro Louzao. A qué cree que se debe que Xove, con apenas 2.000 habitantes, teña tanta xente dedicada ao cine? A verdade é que é moi curioso porque Xove é un concello pequeno. Debe ser que o temos metido no ADN (risas). Penso que son coincidencias que ás veces ocorren. En Meira pasa algo parecido, hai varios cineastas. Igual ten que ver coa personalidade de ser dun concello pequeno en medio de concellos tamén pequenos, pero en calquer caso máis grandes que Xove. Penso que igual buscamos a nosa identidade e o cine é un sitio estupendo onde expresala.