Cine ó Aire Libre na PRAZA DO CONCELLO

Proxección de Pérez, o Ratiño dos teus soños

A proxección vaise desenvolver mañá, venres 21 de setembro, a partires das 21:30 horas na Praza do Centro Cívico. Se non valese para realizar a proxección na Praza, por calquer razón climatolóxica, a mesma pasaríase ao interior do Pavillón, polo cal, podemos decir, que a proxección está garantida xa que  está organizada pola Rede de Dinamización Lingüística, dentro do Programa Redecinema da Xunta de Galicia. Nesta actividade colabora a Concellería de Cultura do Concello de Xove. A entrada a esta proxección é de carácter totalmente libre e gratuita. Dende o Concello invitamos a tódolos nenos de Xove e de A Mariña a que asistan a esta proxección, actividade coa que o noso Concello pon punto final a unha intensa programación estival.

Pérez, o ratiño dos teus soños é unha coproducción galega de animación, dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax y Patagonik Film Group. Película de calidade que recibeu, entre outros moitos premios, un Goya á mellor película de animación.