Xove acolle un Campeonato de España de Bolos de Veteranos e Superveteranos
Despois dos éxitos acadados recentemente nos Campeonatos de España de Juveniles e Senior celebrados no Concello de Nigrán, o Club de Bolos Xove acolle o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS (xogadores de 58 a 65 anos) E SUPERVETERANOS (xogadores de máis de 65 anos), cita que se vai desenvolver este fin de semana na Bolera Municipal de Sumoas, no noso Concello, con arranxo ao programa seguinte:
- SÁBADO, 15 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN INDIVIDUAL .-As tiradas comenzarán o sábado, día 15, ás 10 da mañá e continuarán ata que se decidan os campións individuais das dúas categorías (cunha paradiña para xantar a mediodía). Cada xogador fará un total de 15 tiradas e de ahí sairán os 8 mellores Veteranos que se enfrentarán entre sí para decidir o Campeón de España.Tamen desas primeiras 15 tiradas sairán os 4 mellores Superveteranos, quens se xogarán entre eles o campeonato de España desa categoría.
- DOMINGO, 16 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN POR PARELLAS .- O domingo 16 formaranse 8 parellas cos 16 xogadores mellor clasificados nas 15 tiradas iniciais realizadas o sábado anterior, enfrentándose entre elas desde as 10 da mañá, ata decidir os Campeones de España por parellas (en parellas só hai unha categoria) .-Neste Campeonato de España vaise contar con xogadores chegados desde Madrid, Asturias e Galicia (entre eles hai xogadores con varios títulos de Galicia e de España en categoria individual e que a dia de hoxe continúan competindo na máxima categoria a gran nivel).-