O Club de Bolos Xove sigue colleitando éxitos

 

   O Club de Bolos Xove sigue sendo unha referencia deste deporte en Galicia e en España. Os seus éxitos abranguen tódalas categorías. Neste caso os trunfos viñeron dos bolos por parellas no caso dos senior e tamén na categoría xuvenil, tanto individual como por parellas.

Campeonato de España de 2ª División

   Dous xogadores do Club de Bolos Xove, Javier Rodríguez e Luis Rancaño, lograron proclamarse CAMPEONES DE ESPAÑA de 2ª División na Categoría de Parellas. Este campeonato celebrouse nos Campos da Camoesa en Camos (Concello de Nigran) os pasados días sábado 1 de setembro (categoría de parellas) e domingo 2 de setembro (categoría individual). Javier e Luis  lograron  imporse a tódalas parellas clasificadas para este campeonato chegadas dende Asturias, Madrid e Galicia. Asimesmo,  Javier Rodriguez consigueu   o terceiro posto de España na categoría Individual de 2ª Division.

Campeonato de España Juvenil

   O pasado fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de setembro, celebrouse o CAMPEONATO DE ESPAÑA JUVENIL nos campos da Camoesa en Nigran e,   por segundo ano consecutivo, o Club de Bolos Xove dominou totalmente este campeonato.Na categoria individual Daniel Alonso proclamouse por 2ª vez Campeón de España Juvenil, vencendo na final a Samuel Ferreira do Club de Bolos A Rega.   En semifinais, Daniel gañoulle ao seu compañeiro de equipo Miguel López, nun duelo que reeditaba a final do ano pasado e que parecia unha final anticipada. Ao final, Daniel Alonso foi Campeon e Miguel Alonso terceiro.

  Nesta categoria temos que destacar o gran papel de Javier Alonso (irmán de Daniel) que acadou un impresionante sexto posto, que con so 14 anos e con 4 ou 5 anos que lle quedan inda na categoria xuvenil, parece prometer algun que outro titulo e incluso superar os dous Campeonatos de España do seu irman Daniel.

 Na categoria de parellas foi Miguel Lopez o que consigueo facerse co campeonato de España formando parella con Gonzalo Fernandez do Club Santiago de Parada. Nesta categoria de parellas, a xogadora do club de Bolos Xove Julia Alonso estivo a punto de subir o podium (competindo en igualdad de condicions cos rapaces), quedando nun fantastico 4 posto formando parella con Gabriel Valverde do Club de Bolos A Rega

O Club de Bolos Xove sigue colleitando éxitos.  O Club de Bolos Xove sigue sendo unha referencia deste deporte en Galicia e en España. Os seus éxitos abranguen tódalas categorías. Neste caso os trunfos viñeron dos bolos por parellas no caso dos senior e tamén na categoría xuvenil, tanto individual como por parellas.

Campeonato de España de 2ª División.-  Dous xogadores do Club de Bolos Xove, Javier Rodríguez e Luis Rancaño, lograron proclamarse CAMPEONES DE ESPAÑA de 2ª División na Categoría de Parellas.  Este campeonato celebrouse nos Campos da Camoesa en Camos (Concello de Nigran) os pasados días sábado 1 de setembro (categoría de parellas) e domingo 2 de setembro (categoría individual). Javier e Luis  lograron  imporse a tódalas parellas clasificadas para este campeonato chegadas dende Asturias, Madrid e Galicia. Asimesmo,  Javier Rodriguez consigueu   o terceiro posto de España na categoría Individual de 2ª Division.

Campeonato de España Juvenil.-  O pasado fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de setembro, celebrouse o CAMPEONATO DE ESPAÑA JUVENIL nos campos da Camoesa en Nigran e,   por segundo ano consecutivo, o Club de Bolos Xove dominou totalmente este campeonato.

   Na categoria individual Daniel Alonso proclamouse por 2ª vez Campeón de España Juvenil, vencendo na final a Samuel Ferreira do Club de Bolos A Rega.

   En semifinais, Daniel gañoulle ao seu compañeiro de equipo Miguel López, nun duelo que reeditaba a final do ano pasado e que parecia unha final anticipada. Ao final, Daniel Alonso foi Campeon e Miguel Alonso terceiro. Nesta categoria temos que destacar o gran papel de Javier Alonso (irmán de Daniel) que acadou un impresionante sexto posto, que con so 14 anos e con 4 ou 5 anos que lle quedan inda na categoria xuvenil, parece prometer algun que outro titulo e incluso superar os dous Campeonatos de España do seu irman Daniel. Na categoria de parellas foi Miguel Lopez o que consigueo facerse co campeonato de España formando parella con Gonzalo Fernandez do Club Santiago de Parada. Nesta categoria de parellas, a xogadora do club de Bolos Xove Julia Alonso estivo a punto de subir o podium (competindo en igualdad de condicions cos rapaces), quedando nun fantastico 4 posto formando parella con Gabriel Valverde do Club de Bolos A Rega.-