Feira do San Bartolo en San isidoro de Monte- Xove

O VENRES 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas. A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

 O Programa da Feira é o seguinte:-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro. -13:30 horas: Sesión Vermú. -17:30 horas: Verbena co grupo VIVARIUM.