II Concentración de Vehículos Históricos

ABERTA A INSCRICIÓN PARA II CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS DE XOVE

Hoxe, ás 13:00 h na Praza do Centro Cívico, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada polo Presidente da Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense Javier Fernández e outros membros da directiva, realizaron a presentación desta II Concentración.Despois do éxito acadado pola I Concentración realizada o 23 de setembro do pasado ano, a Asociación aborda con ánimos renovados esta segunda edición co fin de consolidar esta cita no calendario deportivo-cultural de Xove.  Para realización deste importante evento a organización leva traballando duro durante os últimos meses. Neste intre van comezar a fase participativa co cal, a partires desta semana, van abrir a INSCRICIÓN a tódolos afeccionados aos vehículos clásicos e históricos de A Mariña e doutros lugares que queiran compartir e mostrar os seus vehículos a tódolos afeccionados ao mundo do motor.

A inscrición poden facela de calqueira destas formas:   -Por teléfono, nos números: 652 36 46 10 (Javier Fernández) e 689 74 52 18 (Manuel Cora)  -A través de FACEBOOK: Autoclasico da Mariña Lucense.   -E tamén persoalmente en contacto directos cos organizadores.   A inscrición para esta II Concentración ten un custo de 25 € por persoa.