Saiñas elexida para o Festival Intercéltico de Lorient

Hoxe as 11:45 da mañá a Asociación Cultural Saiñas partía nun bus hacia Lorient. Nada máis e nada menos que 24 horas de viaxe ata chegar ao punto de destino.

A Asociación Saiñas de Xove está de noraboa, xa que foi elexida polo Festival Intercéltico de Lorient para representar a Galicia na súa 48 edición. O Festival Intercéltico de Lorient, que anualmente se celebra nesta coñecida cidade da Bretaña francesa, está considerado o festival de música celta máis importante do mundo. A participación de Saíñas vaise desenvolver do 3 ao 12 de agosto.

* Dende o Concello de Xove queremos aproveitar para desexarlle moita sorte a Saiñas que leva o nome de Xove polo mundo adiante.

Saíñas conta no seu currículum cun amplo bagaxe de participacións no exterior, tanto en España como no extranxeiro.

En España, entre outros lugares, participaron en festivais en Valencia, Zamora, Jumilla (Murcia), Oviedo, etc.

Dentro dos países extranxeiros, Saíñas participou en numerosas Europeades en países como: Dinamarca, Alemania, Italia, Portugal, Francia, Suiza,…

Evidentemente a presenza no Festival de Lorient é especial, xa que, de principio, non é nada fácil participar debido ao riguroso proceso de selección do Festival, buscando sempre a excelencia, o mellor de cada país.

Nos últimos anos, Saiñas deu un importante salto cualitativo, xa que xunto coas súas actividades tradicionais de música e baile, a Asociación puxo en escea unha serie de espectáculos que contribuiron ao seu crecemento e a unha maior madurez de todo o grupo; falamos de espectáculos como “Identidade”, “Tradición”, “A Taberna”, “Muiñeira” ou “o Adro”, todos representados con grande éxito de crítica e público.