Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

+Programa de VERÁN 2018

 Continúan no noso Concello as actividades, cun amplo e denso Programa veraniego. Un dos programas estrela deste verán no noso Concello e o Programa: Móvete no Verán, no que están a participar 112 persoas de tódalas idades, dende peques a maiores. Este programa está dividido en varios apartados:

    • Xogos Pre-Deportivos: dirixido a nenas e nenos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a 4º de primaria, estase a desenvolver dende o 3 de xullo ata o 16 de agosto, segundo os seguintes horarios:MARTES E XOVES de 10:30 a 11:30 H. (De 3 a 5 anos)  +  MARTES E XOVES de 11:30 a 12:30 H. (De 1º a 4º primaria). En total hai 6 inscritos nesta actividade.
    • Aeróbic – Latino: actividade para mayores de 12 anos, celébrase dende o 4 de xullo ata o 8 de agosto, segundo os horarios:  LUNS de 10:30 a 11:30 H.  En total hai 13 inscritos nesta actividade.
    • Fitnes: tamén para maiores de 12 anos, desenvólvese do 4 de xullo ata o 13 de agosto, segundo os horarios:  MÉRCORES de 10:30 a 11:30 H. En total hai 13 inscritos nesta actividade.
    • Actividades Físicas para Maiores: celébranse dende o 2 de xullo ata o 13 de agosto, segundo os horarios:Horario: LUNS e MÉRCORES de 11:30 a 12:30 H.En total hai 15 inscritos nesta actividade.
    • Zumba: para todas as idades, desenvólvese do 3 de xullo ata o 16 de agosto, segundo os horarios:  Horario: MARTES e XOVES de 10:30 a 11:30 H.En total hai 33 inscritos nesta actividade.

    • Pilates: para maiores de 18 anos, desenvólvese do 6 de xullo ata o 17 de agosto, segundo os horarios:Horario: VENRES de 10:30 a 11:30 H. En total hai 25 inscritos nesta actividade.
    • Ximnasia para Maiores na Auga: desenvólvese do 6 de xullo ata o 10 de agosto, segundo os horarios:Horario: VENRES de 11:30 a 12:30 H.  En total hai 7 inscritos nesta actividade.

CAMPAMENTO DE VERÁN

   Un total de 41 rapaces/as de 10 a 16 anos van participar no CAMPAMENTO DE VERÁN que se vai desenvolver os dias 18, 19 no entorno do Centro Social de Morás e o 20 de xullo na Praia de Esteiro. Estas actividades están englobadas dentro do Programa Xuventude do noso Concello, sendo coordinadas pola Empresa IG10.Como remate do campamento, o venres 20 de xullo, ás 11:30 horas, tódolos rapaces/as disfrutarán dunhas clases de surf na propia praia de Esteiro a cargo da Escola Galega de Surf. Xa para finalizar este día e para rematar o propio campamento, tamén na praia, haberá un Obradoiro sobre Comida Saudable a cargo do cociñeiro Lucas Requeijo; os participantes aprenderán a preparar distintos pratos de comida saudable, finalizando coa propia proba dos platos culinarios que previamente aprenderon a realizar. Ás 17:00 horas pechará o campamento co retorno dos participantes para as súas casas.

OCIO ALTERNATIVO

   Dentro do amplo abanico incluído neste programa, nos vindeiros días temos as seguintes actividades:

   -Xoves día 19, paseo Nocturno en Kaiaks, dende o Portiño de Morás. A partir das 22:00h, a inscrición farase no lugar da actividade media hora antes do inicio da mesma.

   - Este sábado 21 de xullo e o 4 de agosto, realizaranse paseos turísticos en bicis eléctricas. En horario de mañá a determinar en función do número de inscritos. Grupos de 10 persoas. Inscrición previa na Oficina de Turismo. Máis información: 982592632

   - A próxima semana é o turno do fútbol praia 3x3, na praia de Lago, os días, 23, 24 e 26 de xullo, a partir das 16:30h, a inscrición farase no lugar da actividade media hora antes do inicio da mesma.

Recordarlles que todas estas actividades son gratuitas, organizadas e patrocinadas polo noso Concello, e orientadas a todas as idades a partir xa dos 8 anos, agás os paseos turísticos nas que pode ir algún menor xa que temos bicis con silla.

FESTAS DE LAGO

   Unha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro. A parroquia de Lago, no Concello de Xove, celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón. O amplo programa de actividades vai comezar o venres 20 de xullo, cunha GRAN CHURRASCADA a partires das 8 DA TARDE NO CAMPO DA FESTA, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias. Cada ración vai incluir: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan. Despois da churrascada, e para facer unha boa digestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa “ORQUESTRA COSTA DORADA” e o “GRUPO TRIBAL”. Prevendo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplios aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes. Este aparcamento vai estar dispoñible os tres días da Festa.

   Xa o sábado 21 de xullo, DIA ADICADO Á VIRXE DO CARME, pola mañá teremos e sesión vermú a cargo de “ORQUESTRA SUAVECITO”, e xa pola noite, verbena coa “ORQUESTRA SUAVECITO” e o “GRUPO ALMA LATINA”.

   O domingo 21 de xullo, DIA ADICADO Á SAN ANTÓN, teremos pola mañá Misa Solemne ás 13:30 horas e posterior procesión, para rematar cunha sesión vermú a cargo do “TRIO LEMBRANZA”, coa que se porá punto final ás Festas.

A COMISIÓN QUERE, DARLLE AS GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS, INSTITUCIÓNS, EMPRESAS, ETC. QUE DESINTERESADAMENTE COLABORARON COAS NOSAS FESTAS, AGRADECEMENTO QUE QUEREMOS SEXA ESPECIAL PARA TÓDOLOS VECIÑOS DE LAGO, AOS CALES INVITAN A PARTICIPAR E DISFRUTAR DAS MOITAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

EXPOSICIÓN DE PINTURA DA ACD XOVE

   Durante todo o mes de xullo a Escola de Pintura da ACD Xove mostra unha Exposición dos traballos realizados durante todo o curso 2017-2018 na Escola. Na Escola da ACD estudian pintura 22 persoas, das cales 10 son nenos/as de 8 a 13 anos, sendo os 12 restantes adultos, entre eles Manuel Fernández que ten 84 anos. A exposición está formada por 42 traballos, realizados con distintas técnicas, e que abranguen temas moi variados: paisaxes, retratos, composicións, …. A Escola está dirixida polo profesor Pablo Bellas, persoa de amplo bagaxe e recoñecido prestixio como educador. As clases de pintura realízanse na antiga vivenda do bedel do Colexio, centro que o Concello habilitou xa hai algúns anos como espazo cultural.A mostra pódese ver na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove, en horario de 16:00 A 20:00 H os luns e martes, e de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 hoas de mércores a domingo . A organización da mesma correu a cargo da ACD Xove, contando coa colaboración do Concello de Xove.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo