Intenso verán en Xove

Intenso está a ser o verán en Xove. Numerosas son as actividades que se están desenvolvendo, así como importantes son as citas que imos ter nos vindeiros días.

-Programa: Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.-Dirixido a xoves de entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a desenvolver durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se están realizando, son:

   En total inscribíronse 23 persoas neste Programa, que desenvolven as súas actividades principalmente nas Aulas da OMIX (Aula de Xogos e Aula de Informática).

enredar

  

VII FESTA DO PERCEBE

   Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde este próximo 14 de xullo vai ter lugar a VII FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animou a Organización a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.

   As distintas especialidades que se van ofertar-+, son:

   Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).

   Como complemento educativo-cultural a esta Festa, as exposicións  “O Percebe e o seu Ecosistema” e “O Polbo e o seu Ecosistema” estarán dispoñibles desde o 1 ata o 31 de xullo na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello de Xove en horario de 10:00 a 21:00

   Obradoiros.- vanse desenvolver o mesmo día da Festa, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a partires das 15:30 h. da tarde. Non é preciso realizar inscricións previas nin reservas, xa que se poderán apuntar alí mesmo; iso sí, haberá un aforo limitado. Nos mesmos poden participar nenas e nenos que sexan capaces de realizar manualidades.
(A idade mínima é de 4 anos orientativamente)

* Segundo as condicións meteorolóxicas os obradoiros poderían ser realizados no exterior.

   As actividades, ademais de ser divertidas, teñen o obxectivo de dar a coñecer o percebe e o seu hábitat ás pequenas e pequenos que participen nas actividades, subliñando a importancia da conservación do medio ambiente.  Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación a cargo da Charanga OS CHARANGOS e dunha DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma.  A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.  A organización da Festa corre a cargo conxuntamente da Asociación de Festexos a Medorra e do Concello de Xove, contando coa colaboración patrocinio da Consellería do Mar, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Decir que esta Festa está dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR.

   Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.Para unha maior información:  Jordi Meitín Serantes: 617 17 87 62

___________________________________________________

Embárcate con destino á Illa de Ansarón! 

   Este iniciativa, incluída tamén dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR, pretende dar a coñecer a nosa costa desde unha perspectiva biolóxica e medioambiental, e tamén, como no, tamén paisaxística.

   Neste sentido programáronse varias visitas por mar pola costa do noso Cobncello; o noso educador ambiental acompañará cada expedición nun fermosísimo paseo pola costa de Xove, descubrindo unha paisaxe insólita, os cantís de Morás, vista desde o mar. Na viaxe aprenderase sobre a biodiversidade e o ecosistema da zona facendo especial fincapé sobre o percebe e o polbo da pedra que habita nas nosas costas.

   Tódalas visitas son gratuítas para as persoas que reserven e asistan.  Para reservar tes que cubrir e enviar o formulario que na páxina web se Xove Mirando ao Mar: http://mirandoaomar.xove.es/visitas-guiadas-a-ansaron. Haberá que depositar unha fianza de 30€ por persoa que se devolverá, por transferencia bancaria, despois de realizar a visita. A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta. Recoméndase traer unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellamos un pantalón longo e un cortaventos (no mar sempre refresca). Para todas as persoas que o precisen estarán dispoñibles os baños e vestiarios municipais da praia de Morás. Decir, por ultimo, que inda quedan algunhas prazas para os días 14 e 15 de xullo; para as datas do 25 e 26 de agosto a dispoñibilidade é maior.

Para unha maior información sobre este tema: Fabian no tfno: 618 96 39 61

 

       CLASES DE PADEL NO VERÁN NO CONCELLO DE XOVE    

   Esta actividade vai dirixida para todas as persoas maiores de 6 anos. O curso empezou o pasado 4 de xullo e vai durar ata o 10 de agosto. As Clases desenvólvense o mércores e venres en horario de 12:00 a 14:00, na Pista Municipal de Padel. En canto ao número de inscritos, temos un total de 10.

CURSO DE PADEL 2 2