Saiñas Elexida polo Festival de Lorient

 A Asociación Saiñas de Xove está de noraboa, xa que foi elexida polo Festival Intercélticlo de Lorient para representar a Galicia na súa 48 edición. O Festival Intercéltico de Lorient, que anualmente se celebra nesta coñecida cidade da Bretaña francesa, está considerado o festival de música celta máis importante do mundo. A participación de Saiñas vaise desenvolver do 3 ao 12 de agosto, para o cal se vai desprazar un grupo dunhas corenta persoas entre bailadores e músicos.

reunion12

A presentación desta participación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello; na mesma estivo o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, o representante do Festival en Galicia Pablo Seoane, o presidente de Saiñas Andrés García e unha nutrida representación da Asociación. Precisamente, foi Pablo Seoane o encargado de darlle a Saiñas a noticia da súa participación, feito que lóxicamente nos encheu a todos de ledicia, xa que este feito podémolo considerar como o feito, senón o máis, un dos máis importantes da historia dos 36 anos da Asociación Saiñas.

Saiñas conta no seu curriculum cun amplo bagaxe de participacións no exterior, tanto en España como no extranxeiro; en España, entre outros lugares, participamos en festivais en Valencia, Zamora, Jumilla (Murcia), Oviedo, etc. Dentro dos paises extranxeiros, Saiñas participou en numerosas Europeades en paises como: Dinamarca, Alemania, Italia, Portugal, Francia, Suiza,… Pero bueno, a presencia no Festival de Lorient é especial, xa que, de principio, non é nada fácil participar debido ao riguroso proceso de selección do Festival, buscando sempre a excelencia, o mellor de cada país.

Podemos decir que, nos últimos anos, Saiñas deu un importante salto cualitativo, xa que xunto coas súas actividades tradicionais de música e baile, a Asociación puxo en escea unha serie de espectáculos que contribuiron ao seu crecemento e a unha maior madurez de todo o grupo; falamos de espectáculos como “Identidade”, “Tradicción”, “a Taberna”, “Muiñeira” ou “o Adro”, todos representados con grande éxito de crítica e público.