Inauguración do Nadal 2017-2018 en Xove

Como acto previo ao Nadal en sí, o Concello comezou as súas actividades coa celebración dun Obradoiro de Colocación de Belén, actividade desenvolvida o pasado 14 de decembro,  de 17:00 a 20:00 h. na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na cal participaron rapaces/as de 10 a 18 anos. Esta actividade foi  organizada pola OMIX de Xove.

Pero bueno, a Inauguración do Nadal, digamos que oficial, vaise desenvolver mañá, xoves 21 de decembro. Esta inauguración estaba prevista  realizala no Salón de Actos, polo temor ao mal tempo e ás choivas. Pero dado que a previsión do tempo para mañá é boa, as actividades desta inauguración vanse finalmente desenvolver na Praza do Centro Cívico, a partires das 19:00 horas.Esta inauguración vai estar centrada en Papá Noel, ao cal recibirán tódolos nen@s na Praza do Centro Cívico, onde, ademáis,  poderán conversar e sacarse fotos con él.Lóxicamente, o Concello está a traballar para acoller a Papá Noel como se merece, nun marco e cun decorado axeitado.