Crónica da XXIX Tirada de Bolos
-
- Liga Senior Masculina.- Repiteuse a cabeza da pasada tirada de Lago, e así Rafa e Alex sumaron uns valiosos puntos que lles permiten encabezar con autoridade, con 25 e 20 puntos respectivamente. A festa sumouse Arturo Vigo, completando unha tríada que, salvo sorpresas, vai ser a candidada principal á victoria final. En definitiva, os principais favoritos arrancan con autoridade e marcando diferenzas. A ver se na vindeira tirada de Monte siguen con este bó nivel. Destacar tamén a mellor bolada a cargo de Arturo Vigo con 101 puntos, bolada que seguramente vai estar presente para o premio á mellor bolada final do campeonato. Non é nada fácil pasar dos 100 puntos nunha soa bolada.
- Liga Senior Feminina.- Tamén nesta categoría a líder repite victoria, polo cal Salomé Cardoso encabeza ampliamente a clasificación con 13 puntos, seguida de Carmen Roca e Salomé Bermúdez con 6 puntos.
- Liga Sub 16.- Nova victoria da vixente campiona Julia López quen, se sigue nesta liña, vai convertir o torneo nun paseo militar. Pero bueno, Javier Alonso está mostrando tamén un bó tono de xogo e vai tentar de facerlle fronte. Temos que decir que Julia é unha xogadora bastante formada, cun físico rotundo que lle permite atacar os bolos con contundencia; no caso de xogadores como Javier Alonso e Hugo Meitín, debido á súa xuventude (13 anos), inda teñen un amplísimo percorrido por diante, xa que segundo vai medrando o seu físico vailles permitir aumentar o seu rendemento no campeonato. Dado que nesta Liga xogan xuntos nenos/as de idades distintas, dende os 9 anos de Christian ata os 15 anos de Lara Rodríguez, a diferenza física fai que, lóxicamente, haxa unha gran diferenza de xogo entre eles; neste sentido, a organización xa dispuxo hai anos un mecanismo corrector para paliar estas diferenzas; deste xeito, tódolos xogadores/as ata os 12 anos (incluídos os de 12 anos) poden “cucar”, ousexa, na tirada non lles fai falla que a bola sobrepase a Línea do 10.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE, O SÁBADO 28 DE OUTUBRO DE 2017.
- PRIMEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ
- SEGUNDO ALEX MEITÍN SERANTES
- TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA
- CUARTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ
- QUINTO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO
- SEXTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ
- SÉTIMO JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
- OITAVO JORDI MEITÍN SERANTES
- NOVENO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA
- DÉCIMO DANIEL ALONSO LÓPEZ
MELLOR BOLADA :ARTURO VIGO CASABELLA
- PRIMEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO
- SEGUNDO JAVIER ALONSO LÓPEZ
- TERCEIRO CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ
- CUARTO HUGO PÉREZ MEITÍN
- PRIMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
- SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL
- TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN
- CUARTO BELÉN MEITÍN ROUCO
MELLOR BOLADA :SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ